Imaxe de cabeceira
Varia
O consumo de alcohol nos menores (por Natalia Galbán)

Supoño que todos na nosa vida probamos ou imos a probar o alcohol. Unha das primeiras veces é cando os nosos pais nos deixan mollar os labios no seu “cubata” para ver a nosa reacción, ou cando saímos de festa e vemos aos de demais facendo botellón ou bebendo unha copa. Ese momento inflúenos, lévanos a realizar a mesma acción. E así se repiten os feitos xeración tras xeración.

É certo que cada vez os menores empezan antes a tomar bebidas alcohólicas, ao redor dos trece anos. Comezan por facer  a graza, ben sexa porque se queiran sentir máis maiores, por facerse os “guais” , integrarse no grupo ou calquera outro motivo, pero despois cada vez van tomando máis e máis. Os pais deixan saír os fillos a unha idade pouco avanzada, pode ser porque eles pensen que van ás festas do pobo, pero en realidade pode que rematen indo aos “pubs” nos cales entran facilmente, xa que os porteiros non soen pedir o carné de identidade ou se preguntan a idade e son menores,  permiten igualmente pasar pero só un tempo determinado.

Acostúmase vender alcohol a menores en tendas ou nas cantinas das verbenas. Despois sorpréndenos ver pola rúa a adolescentes de catorce anos bebendo sen temor a que os vexan ou mesmo vomitando ou tirados polo chan.

A maioría dos adolescentes cren que por consumir alcohol unha noite de fin de semana non pasa nada, que iso non perxudicará a súa saúde; pero non é así, o consumo de alcohol pode traer problemas físicos, psíquicos e sociais debido a non estar completamente desenvolvidos e pode que acaben sendo adictos cando sexan adultos. Estando baixo os efectos do alcohol volvémonos agresivos, sentímonos mareados , non somos capaces de falar de maneira adecuada, perdemos o control do noso corpo… un dos grandes problemas do consumo de bebidas alcohólicas non é o feito de tomalas, que tamén , senón beber sen control, sen ter un tope. A maioría dos menores que beben dálles igual como terminen a noite, se chaman a atención ou non, non se preocupan por nada do que pase ao seu redor, beben ata que non poden máis. Despois xustifícanse: Quen non o quixo pasar ben algunha vez? Quen non tivo moitísimas ganas de saír de festa cos seus amigos? A pregunta é: É necesario beber para iso?

En conclusión, na actualidade o 75% dos adolescentes beberon alcohol algunha vez, dous de cada seis emborracháronse. Chegamos a un punto no que cremos que se non bebemos nunha festa non o imos pasar ben. Por este motivo debemos beber con moderación e coñecer as consecuencias do alcohol, non por moito que bebemos imos a destacar máis entre a xente. Ou si, pero para peor.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.