Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Luces (texto dramático de Lía Figueiras)

(O Tolo entra en escena, mira ao público, comeza a chorar. As luces que nun inicio seguían a súa traxectoria, dende que chegou ao escenario ata que se situou no centro, víranse cara ó público, neste intre o Tolo comeza a berrar entre xantos desgarradores, sen ocultar a carraxe reprimida.)

TOLO: Pensamos e reflexionamos só arredor do que entedemos, do que sabiamos de antemán, do que dun xeito ou doutro forma parte de nós; do mesmo xeito que só ouvimos aquelas voces que, aínda sen chegar a ser calco directo da nosa, ben podría selo. Xa non só falo de linguas e de culturas alleas que non respectamos porque non coñecemos, nin tampouco de ideas que difiren uns milímetros das nosas e son entendidas coma unha ofensa ou, en moitos casos, como a manifestación da ignorancia dese individuo que se atreve a expresalas nun entorno “hostil” que para nós é tan familiar. Tampouco falo soamente das caracteristicas intrínsecas ao propio individuo tan xenerica e polémica coma o sexo; nin tampouco falo de características tan individuais coma a orientación sexual. E moito menos me adentrría no profundo da psique, da personalidade, do mais propio: da lanza afiada que bate con todos, ata consigo mesma, buscando a complementariedade absoluta, a cal non existe.

(As luces deixan de apuntar ao público, agora céntranse nel. Este comeza a rir, a rir dun xeito tan estridente e desquiciado que reafirma o seu papel de tolo. Comeza a sinalar ao público ao azar, pois xa non os vé. Continúa berrando, esta vez entre risas desquiciadas que amosan o máis fondo pánico.)

TOLO: Entón de que falo? De que falo se non falo do noso mentres falo de nós? Falo do mundo que nos rodea e da sua relación con nós, da nosa relación con el, do seu padecemento por nós e da nosa inconsciencia cara el. Falo do erro que envolve a nosa correlación. Falo da simbiose atrofiada e parasitaria, falo da podredume da existencia que non respecta á existencia veciña; falo de nós.

(Baixa do escenario, adéntrase no público. As luces acéndense coma se a función rematara, o cal xera desconcerto. Simboliza o realismo do tema a tratar, non se focaliza no escenario, nin no público. As luces acéndense para dar a ver que todo é real. A xente comeza a asustarse.)

TOLO: Cremos que nos pertence a bascula da xustiza e sabemos con total certeza que somos únicos capacitados para invertir no mundo, para opinar a cerca do que lle conven , coa actitude máis rancia e paternalista que podemos chegar a adoptar, tentando ser pais da nosa nai, tratandoa coma unha demente senil, coma unha vella inconsciente de si mesma a quen temos que protexer. Pero protexer de quen? De nós? Dos fillos/pais que a insultan con cada acto? Que a prostitúen e maltratan? Que abusan dela e corrompen a sua fertil dignidade? Quen somos máis que salvaxes que conseguiron crear cadeas de producion industriais, máis cruentas cá propia natureza tamén salvaxe? Quen somos máis que ególatras reprimidos, animais civilizados e cobardes respeuoso coa lei por medo as represarias, non por principios? Quen somos para xulgar a perfeción da Terra se non sabemos tan sequera ser coherentes coa nosa propia xustiza?

(A función non triunfa. A función non é función; non emociona, non divirte, non alegra, non entristece. Soamente é un tolo chiando entre o público, chorando e rindo, rindo e chorando.)

TOLO: Non somos nós os que debemos hipotetizar arredor das medidas de flexibilidade para reducir un chisquiño o quencemento global cada ano. A problemática medioambiental xa non é grave, está en colapso; simplemente o estilo de vida dunha soa especie require o sacrificio de 60 mil millóns de animais cada ano, a utilización de 137 L de auga por persoa e a desaparicón de máis de 150 especies cada día. Falamos de compravenda de emisións que so mercan os paises ricos, para contaminar máis, aos paises pobres, os cales non ían emitir GEI, pois non están industrializados . O noso planeta non é Wall Streett e non cotiza en bolsa ou polo menos non debera. Así coma o progreso non é sinonimo de progreso tecnolóxico, o progreso tecnolóxico e só e exclusivamente tecnoloxía; a nosa sociedade non precisa seguir medrando nese sentido, a nosa sociedade para progresar debe deterse, paralizarse, deixar de facer dano, se non queremos que esta sexa a nosa apocalipse; non necesitamos seguir producindo máis e máis, nin medrando industrialmente, nin levando roupa feita nunha punta do mundo e comendo laranxas producidas na outra. Unha especie progresa cando se adapta ao medio no que vive, deste modo dicimos que evoluciona. Unha especie convírtese en plaga cando coloniza o medio no que vive e resulta dañino para as demais especies. A nosa sociedade progresará cando se adapte ao seu entorno e o respete . Deste xeito tamén evolucionará moral e eticamente.

(Péchase o telón, el segue entre o público, a xente marcha asustada e desgustada por perder o tempo, el salouca.)

TOLO: O respecto e único, cara todos e cara todo ou cara ninguen e cara nada.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.