Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Defende a galega (por Paula Ordoñez)

Xa van 50 venres negros. 50 venres nos que os traballadores e traballadoras da TVG se visten de negro para chamar a atención sobre a manipulación informativa, o desmantelamento dos medios públicos e as dificultades para desenvolver o traballo con criterios profesionais.

O colectivo integrado polos traballadores da Televisión de Galicia e da Radio Galega reivindican cada venres valores tan importantes como a honestidade e a liberdade, e que estes mesmos se poidan ver reflexados nos medios de comunicación que vemos e oímos cada día, libres de todo tipo de manipulacións.

Deste xeito, o colectivo creou un lema #DefendeAGalega que utilizan nas redes socias, o único medio que lles permite chegar aos cidadáns e que estes coñezan o que se está a vivir na televisión, situación que eles mesmos definen como “o silencio do resto dos medios de comunicación”

Así, esta reivindicación fíxose especialmente coñecida cando unha semanas atrás a cantante e compositora Sés, unha gran defensora da lingua da nosa comunidade, foi vetada na TVG por levar en plató a camiseta de Defende a Galega. Un acto no que se veu claramente reflexada a falta de pluraridade e liberdade que os traballadores levan meses denunciando.

Pero esta denuncia que levan facendo tanto tempo foi recompensada co premio José Couso. Defende a galega foi elexida entre as diversas propostas presentadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. Este colectivos crearon o premio en memoria de José Couso xornalista asesinado mentres cubría o conflicto bélico en Iraq para os informativos dunha canle de televisión. Estes intentan premiar cada ano a aqueles xornalistas que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

En resumo, os traballadores e traballadoras da TVG mostran cada venres a súa valentía , mesmo podendo perder o seu posto de traballo, para que cada día poidamos gozar dunha televisión e uns medios de comunicación libres de calquera manipulación, honestos e que, desta forma, todos poidamos ser un pouco máis libres.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.