Imaxe de cabeceira
Varia
A nosa parella (por Sabela Gey)

O feito de poder elexir a nosa parella parécenos tan cotidián e normal que, na actualidade, non consideramos a opción que antigamente usaban máis a miúdo: a elección do outro membro da túa relación polo dedo do teu titor legal. A elección non recaía en ti e, se o facía, acostumaba ser co veciño, esa persoa que coñecías dende a infancia. Quen mellor para ser a túa parella senón?

 Afortunadamente, os tempos cambiaron, a tecnoloxía actual permítenos comunicarnos con maior facilidade e relacionarnos con xente de diversos gustos e afeccións, aínda que sexan do outro lado do planeta. É unha maneira de crear novos vínculos sen ter que depender só das persoas que coñecemos no pobo.

Ademais, a propia sociedade evolucionou. Fai uns anos a ninguén se lle ocorrería dicir que era homosexual, pansexual, demisexual, asexual… ou que o seu corpo, a súa apariencia física, non conincidía co que era, co que sentía. De confesalo, suporía unha caída directa ao pozo dos `parias´ e incluso ser considerado un enfermo mental. É, dende logo, unha sorte que evolucionásemos e aceptásemos dunha vez as distintas orientacións e identidades sexuais; agora podemos estar con quen queiramos.

Isto veuse favorecido porque nos últimos anos internet encheuse de movementos a favor da aceptación dun mesmo, dende os gustos (non, non son raros!) ata o corpo. Porque aínda que ao principio dicíase `haberá alguén que me queira incluso cos meus defectos?´agora mutou a `eu quérome como son e non me fai falla outra persoa!´.

Seguirei insistindo, a época na que vivimos é perfecta para conseguir máis experiencias, para encontrar á persoa adecuada e para quererse a un mesmo e as novas tecnoloxías son unha ferramenta para logralo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.