Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Slam (por Lucía Casal)

Un slam é unha batalla entre poetas que loitan por ser o mellor ou a mellor da velada; os poetas teñen que seguir certas normas, o texto ten que ser propio, non poden ir acompañados de música nin accesorios, e non poden superar os tres minutos. Nun slam non hai un xurado propiamente dito, o xurado está composto pola primeira persoa que diga a resposta correcta ás preguntas realizadas pola presentadora.

O 21 de marzo celebrouse un slam na Coruña, foi un acto conxunto coa consellería de cultura de Santiago de Compostela, quen acollería aos mesmo poetas ao día seguinte no teatro principal durante o II Festival de Poesía “Alguén que respira!”.

Neste evento a presentadora, e encargada de escoller o xurado, foi Esther F. Carrodeguas, quen recitou algúns poemas da súa autoría, mais ela tomouse as súas liberdades e rompeu todas as regras do slam, unha delas foi recitar acompañada pola música de Juanma Lodo. As preguntas realizadas para escoller o xurado na Coruña foron insatisfactorias, ninguén acertou ningunha, polo cal Esther tivo que tirarlle pelotas ao público, para que reaccionaran.

Os poetas participantes foron Vanessa Glemssel, Iolanda Zúñiga, Silvia Casal, Luix Kaf, Duke Sam, Clara Cayo, Carmen Conde e Celia Parra. Os sete poetas recitaron un poema de propia autoría cunha duración menor aos tres minutos, sendo cronometrados. O xurado despois de escoitalos recitar tiña que escoller os tres mellores para unha ronda de finalistas, mais produciuse unha pequena sorpresa, un empate, polo cal tiveron que ser catro as finalistas.

Silvia Casal, Iolanda Zúñiga, Carmen Conde e Celia Parra foron as afortunadas en poder recitar de novo. As catro recitaron outro poema propio para volver ser puntuadas. Despois do reconto final a afortunada gañadora foi Iolanda Zúñiga, unha escritora viguesa, autora de Vidas post-it, Periferia, Amor Amén




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.