Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Simone Well (por Antía Outeiral)

Sempre se falou de Gandi e o seu labor para conseguir a paz pero poucos son os que coñecen a Simone Well.

Simone Weil foi unha filósofa francesa, unha muller cuns ideais fixos e claros: conseguir a igualdade para todos e todas nunhas circunstancias que o impedían por completo. Muller pouco coñecida nos nosos tempos pero que sacrificou a súa integridade física para dar exemplo aos demais e que fosen mellores como persoas.

Nun dos seus escritos autobiográficos, Simone de Beauvoir (compañeira de Well) comentou sobre ela que : «Intrígrame pola súa gran reputación de muller intelixente e audaz. Por ese tempo, unha terrible época de fame devastara China e contáronme que cando ela escoitou a noticia, chorou. Estas bágoas motivaron o meu respecto, moito máis que os seus dotes como filósofa. Envidiaba un corazón capaz de latexar a través do universo enteiro». Estas foron unhas declaracións que expresan a bontade que tiña esta muller.

Con só vintetrés anos de idade trasladouse a un liceo para encabezar unha manifestación de obreiros, pero debido a cuestións políticas e de metodoloxía docente tivo que trasladarse outra vez xa que ela protestaba pola diferenza salarial que existía entre os distintos tipo de docentes e pensaba que debían ter o mesmo soldo, isto fixo que tivera moitos problemas cos seus compañeiros.

Con vintecinco anos e para saber de primeira man as condicións nas que traballaban os obreiros decidiu deixar o seu oficio de maneira provisional para traballar durante cinco anos como obreira nunha fáfrica de Renault., «Alí recibín a marca do escravo», afirmou. Ela fixo todo iso porque pensaba que o traballo manual tiña aínda máis importancia que o intelectual e que os obreiros non debían someterse ós intelectuais, como fixeran durante toda a súa historia

Foi unha pacifista radical e pensaba que era necesario que os pobres crearan unha revolución para ter no traballo unhas condicións menos opresivas, pero para ela esta revolución debía ser pacífica e non violenta.

Durante a 2ª Guerra Mundial ela mesma creou un plan mediante o cal no mesmo campo de batalla un grupo de enfermeiras voluntarias recolleran os feridos porque, aínda que pensaba que o número de mortes non descendería senón que aumentaría, cría que ao final a vitoria seriaía moral debido a que este grupo de valentes mulleres arriscarían a vida por salvar os soldados.

A pesar de todos os seus esforzos e das súas intencións de cambiar o mundo foi, é e será outra das mulleres olvidadas da nosa historia, que loitou tanto ou máis que os seus compañeiros homes moito máis coñecidos e valorados, con este artigo espero que alguén máis a descubra como persoa e a admire como o fago eu.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.