Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Que é a amizade? (por Antía Outeiral)

Na nosa sociedade chea de redes sociais e novas tecnoloxías, de persoas que influencian e de xente influenciada, de seguidores que supostamente son os nosos amigos, qué é a amizade?

Kim Kardashian é unha persoa de influencia a nivel mundial e cun dos números máis altos de seguidores en cualquera rede social, como Instagram, Facebook ou Snapchat; pero coñece á metade de eles?  No caso dos famosos está claro que realmente ese número de “amigos” non é real; pero que é o que acontece cando miramos as redes sociais dalguén coma ti ou coma min? Realmente non coñecemos a todos, ou incluso podemos chegar a coñecelos pero só de vista, nunca de maneira máis profunda, entón quen son en realidade os nosos amigos?

Dende pequenos edúcannos afirmando que os nosos amigos son os que nos acompañan na gardería, colexio e que nos seguen acompañando durante toda esa dura etapa de cambio á que denominamos adolescencia. Un amigo din debe ser unha persoa que che acompañe nas boas pero sobretodo nas malas, debe ser o que che apoie, o que che defenda contra os teus inimigos, o que che console cando esteas triste, o que che conte uns bos chistes; pero e se todo ese concepto de amigo é so unha idealización ou unha ilusión?

Todas as actividades extraescolares que realizamos na nosa infancia son organizadas polos nosos pais de maneira que a elección desas pequenas persoas coas que pasaremos moitas tardes desfrutando da que seguramente será a nosa afección de por vida no é nosa, é só cousa do azar, casualidades da vida ou incluso unha obra premeditada dos nosos pais para que nos relacionemos coa xente que eles queiran.

Durante toda a nosa vida móstrasenos un amplo abano de posibilidades e de amizades, pero non todas estas opcións son boas, non todos os amigos son bos, non todo é ouro o que reloce, senón que nun mundo capitalista e superficial como no que vivimos todo pode ser mera apariencia e non todas as persoas que din ser os nosos amigos o son en realidade, senón que, como todo ser humano, son xente egoísta e avariciosa que cre que a nosa amizade pode ter un beneficio fora do íntimo e persoal para eles.

Os amigos pódense contar cos dedos das mans según din as nais, ao parecer Kris Jenner nunca lle transmitiu esta mensaxe á súa querida e famosa filla Kim, un amigo é unha xoia, ás veces hai que limar asperezas e imperfeccións para ver á persoa que se oculta tras unha máscara que ela mesma creou e igual despois diso, tal vez atopemos un verdadeiro amigo, non un seguidor.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.