O Celta de Vigo continúa en postos de descenso, algo inimaxinable a principios de temporada, pois o equipo viña de pelexar por Europa nas pasadas edicións. Que esta sucedendo?
Primeiro, temos de falar dun proxecto que empezando polo presidente empezouse a desmoroar ca guerra entre Abel Caballero e Carlos Mouriño a causa do estadio de Balaídos e a cidade deportiva. A cidade deportiva iniciouse en Mos o pasado ano tras moitas cavilacións e o estadio segue a ser unha incógnita tras as ameazas de Mourinho ó alcalde vigués, e non semella ter unha solución sinxela polo de agora.
É precisamente o presidente co resto da xunta directiva quen decide a contratación dos adestradores, responsables do equipo a nivel de xogo, e aquí pese á melloría en posicións, víase vir un empeoramento do xogo que acadara nesa temporada o máximo esplendor. Xa dende a temporada final de Berizzo o Celta atopábase fronte ao iceberg, acercouse con Unzué e, nesta temporada, chocou primeiro con Mohamed, despois con Cardoso, e agora a ver se Escribá consegue reverter a situación.
O nivel de adestradores acompaña en xogo e resultados ao equipo, pois esta temporada e a anterior foron desastrosas a nivel de xogo colectivo, só podendo contar con Aspas como único valedor do xogo celeste. A nivel resultados tamén se deu un baixón impresionante.
En conclusión, O Celta necesitaría un milagre parecido á salvación do 2% de fai uns anos fronte a Real Sociedade, e que nestes dez partidos Escribá consiga que a Rianxeira volva soar con forza no estadio.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]