Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Entrevista a Aitana Galbán e Clara Figueira, alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Durante a semana do Aitana e Clara25 ao 29 de marzo no noso IES celebrouse a Semana da Diversidade que incluíu moitas actividades que tiñan como obxectivo visibilizar diferentes realidades e pór de manifesto a necesidade da educación pola igualdade, a solidariedade, o respecto e a empatía entre os seres humanos. Nós, como centro educativo buscamos formar persoas, polo que consideramos que esta aprendizaxe debe continuar no tempo e estar presente en todos os nosos proxectos; de aí que desde Normalización ata a Biblioteca, pasando por todos os departamentos didácticos, participasen nestas actividades.
O grupo de traballo de Radio RianxoFala difundiu esta iniciativa nunha entrevista a dúas alumnas do “Ciclo Medio de Atención Sanitaria a Persoas en Situación de Dependencia” que se imparte no noso centro. Xa que logo, foi o alumnado deste Ciclo o máis implicado na organización do programa, xunto con profesorado do centro.
AUDIO ENTREVISTA




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.