Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Enfermidade dos cervos zombie (por Zoran Conde)

Desde tempos que nin a xente recorda, diferentes enfermidades actuaron e mataron a millóns de persoas no planeta. Apareceron as chamadas pandemias, unhas enfermidades que afectaban a nivel mundial deixando un rastro de vítimas mortais moi superior a calquera outra como como a Peste negra. Todas elas son temidas polo gran impacto que implican xa que, para ben ou para mal, son manipuladas polos humanos e no peor dos casos usaranse na chamada guerra biolóxica que se producirá en forma de 3ª guerra mundial.

Hai un mes aproximadamente detectouse en EEUU unha enfermidade practicamente de película, unha enfermidade que transformaba aos cervos salvaxes en algo parecido aos zombies. Tras avisar ás autoridades e, en xeral, alertar a todo o país empezaron a buscar o causante e ata onde estaba chegando tal monstrosidade. Ao cabo duns días descubriuse que era unha enfermidade moi parecida á das vacas tolas e que se rexistraran moitos casos en ata 24 estados e dúas provincias de Canadá. A sorpresa non foi só esa, xa que resulta que esta enfermidade xa brotara nos anos 60 nunhas graxas e naquel momento erradicarase. Esta enfermidade de ficción ataca o cerebro dos animais e tamén a médula espiñal e a outros tecidos orgánicos e provoca unha pérda abrupta de peso, falta de coordinación, un deterioro físico moi elevado e unha inusual agresividade, finalizando ca morte. Un estudo do Centro para o Control e Prevención de Enfermidades considera que non e transmisible aos seres humanos a día de hoxe, pero que si pode chegar a mutar o suficiente para que outros animais como o mono poidan contraela, aínda así prohibiron a inxesta de carne de cervo durante un longo período de tempo xa que a enfermidade pode tardar moitos anos sen mostrar síntomas claros e actualmente non existe nin cura nin vacina contra ese mal.

É curioso pensar que poidamos chegar a vivir algo parecido á serie The Walking Dead na vida real, pero sacando o lado cómico disto pénsase que pode ser un grave problema a nivel mundial e como non se controle rapidamente poderase considerar a seguinte gran pandemia, pola que, no peor dos casos, morreremos nunha inmensa película.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.