Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Eleccións (por Xabier Lojo)

As eleccións son un proceso que se leva a cabo nos países democráticos para escoller as persoas que mellor poidan solucionar os problemas que afecten aos habitantes dun lugar. Para iso eliximos presidentes, alcaldes e alcaldesas. No caso de España, chegou a data das eleccións xerais, nas que se decidirán cal será o novo presidente e o partido político que goberne o estado, así coma os escanos do parlamento. Para poder votar, a parte do que está regulamentado, como ser maior de idade, deberíase ter en conta o coñecemento da realidade, das ideoloxías politicas e unha idea propia do que se quere, que non sexa manipulada ou promovida interesadamente. Así que eu pregúntome, realmente a xente, cando vota, sabe o que vota?

Neste tipo de eleccións ningunha idea é boa ou mala, positiva ou negativa, correcta ou incorrecta, senón que son ideas, e cada un ten a súa propia, en xeral hai dúas correntes básicas na política, das que nacen outras correntes, as principais serían esquerdas e dereitas, e  a un lado e outro destas naceron a ultradereita, a ultraesquerda e o centro.

‌Normalmente, na nosa sociedade, existe o prexuízo da votación por idades, pois acostúmase dicir que as persoas maiores ou acomodadas son de dereitas e as persoas de mediana idade de esquerdas. E os xoves? Na miña opinión, a maioría dos xoves non saben moi ben cal é a súa idea política, xa que a única forma de informarse é por si mesmos ou por familiares, amigos etc; posto que na actualidade non existen ningún tipo de fonte fiable de información, non existe unha materia escolar que informe sobre política, como había antes; por iso, á hora de que estas persoas se enfronten cunha votación por primeira vez, non saben que facer ou votan condicionadas por terceiras persoas, pero non podemos esquecer que o seu voto vale o mesmo que alguén que leva anos loitando por unha sociedade mellor, coas súas ideas moi claras.

En conclusión, aínda que moitos votantes teñen as súas ideas claras, existe unha importante bolsa de indecisos, habitualmente persoas non formadas politicamente, que deciden o seu voto na última hora, moitas veces por razóns ben frívolas, que son quen realmente inclunan a balanza e colocan un partido ou outro no goberno, polo que deberían de obter algún tipo de formación previa, para saber máis ou menos de que se trata todo este mundo que para moitos é novo ou incluso moi complexo ao haber tantos partidos políticos ou formas de pensar.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.