Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Antón Vilariño fálanos de Rafael Dieste (por Rodrigo Rivademar)

Rafael Dieste foi un escritor rianxeiro nado en 1899 e finado en 1981. Era de familia uruguaia, sendo o único dos irmáns nado en Rianxo, polo que era o máis pequeno. Os seus irmáns naceron todos en Uruguai, aínda que a súa nai era de orixe brasileira (de alí ven Gonçalves, o segundo apelido de Dieste).

Na súa casa, había tres cuartos e o do medio (chamado “o cuarto do medio”) era o cuarto onde Dieste e os seus amigos facían o que máis lles gustaba, que era hipnotizar animais. Intentaron hipnotizar un coello, unha galiña e un gato, sendo este último o único que conseguiron hipnotizar. El e os seus amigos eran chamados a panda dos trece.

Escribiu obras en galego e outras en castelán. A súa obra con máis fama é “Dos arquivos do trasno”, onde se fai mención a trasnos bos (os que facían o ben) e malos (os que facían trasnadas, como bañarse no leite que alguén ía beber). Usaba Félix Muriel como sobrenome (Félix posiblemente porque era o nome dun primo, e Muriel polo segundo apelido de seu pai (Eladio Dieste Muriel)), e de aí saiu “Historias e invenciones de Félix Muriel”, unha das súas obras en castelán.

Rafael Dieste tiña problemas de vista, pero non quería que ninguén soubese que os tiña. Esta era a razón pola que cando ía en coche ía a velocidades moi lentas. Estes problemas ocasionáronlle a morte por unha caída.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.