Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Todos os días da muller (por Carla Rañó)

Na actualidade, a pesar de que o feminismo está practicamente normalizado na nosa sociedade así como toda a loita pola igualdade entre homes e mulleres, a pesar diso, as mulleres seguimos sen ser iguais diante das miradas da meirande parte da sociedade. Todo isto débese en gran medida á educación transmitida de xeración en xeración, así como á cultura e á relixión.

A medida que o tempo avanza, a mentalidade da sociedade debería progresar proporcionalmente, pero isto non é así. A día de hoxe continúan existindo personas que non buscan unha solución porque directamente non ven o probelma, e outras que teñen a total seguridade de que as mulleres debemos ser discriminadas por ser inferiores aos homes, roubándonos así a liberdade en ámbitos como a vestimenta ou incluso sobre o noso propio corpo.

O machismo é un comportamento que non existe desde sempre, pois na prehistoria a igualdade entre homes e mulleres garantía a supervivencia. Pola contra, prodúcese un cambio cando os homes redactan a Biblia, discriminando ás mulleres de certos pactos con Deus. Por iso é o momento de cambiar esta concepción da realidade tan denigrante para as mulleres implantada pola relixión.

A loita contra o machismo non é nada fácil, aínda que cada vez é mais forte, son moitas as vítimas deste tipo de violencia as que temen romper o silencio por medo a ser xulgadas ou agredidas de novo, posto que sempre hai algo que frea a loita pola igualdade, xa sexan prexuízos ou ideas políticas. Algúns homes doídos e ofendidos falan de hembrismo, pero o xénero oprimino non pode ser opresor.

Con todo isto, a mentalidade da sociedade debería progresar co tempo. Non sei a razón pola que a relixión se volveu tan machista, se nos seus inicios se puido atopar a clave, xa que Adán escrito ao revés é nada, e Eva escrito ao revés é ave. É hora de comezar un cambio no que o machismo, as discriminacións e o sometemento das mulleres deixen de ser un obstáculo para as nosas vidas e poder chegar a esa utopía que é a igualdade.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.