Imaxe de cabeceira
Varia
Responsabilidade (por Zoran Conde)

A miña nai sempre me dicía que chegaría un día no que tería que ser responsable máis alá dos meus intereses, que a vida dá moitas voltas e que o que hoxe fago vai a marcar e definir o meu futuro.

A comezos deste curso, tras repetir primeiro de bacharelato e asentar dunha maneira máis estruturada as miñas ideas, o meu antigo entrenador de voleibol brindoume a oportunidade de converterme, xunto con Alex, en entrenador dun pequeno grupo de rapazas de primeiro e segundo de ESO que viñeran pedindo formar un equipo e competir. Eu, a pesar de que levo máis de 5 anos como xogador e participei en competicións a nivel galego, non lle dixen que si no momento. A idea de non ser quen capaz de ensiñarlles e explicarlles todo o que eu sabía botoume para atrás. Ao final decidín aceptalo e probar, era unha decisión que tomara pensando só no meu beneficio persoal, pero tras un par de días deime conta de que a idea de estar obrigado a respectar as condicións que eu mesmo me puxera non me gustaba, por primeira vez en moito tempo, deime conta de que non podía seguir escapando de todo o que non me gustaba ou non quería facer.

Despois dun par de meses, resistíndome a tirar a toalla, sei que  mellorei nese aspecto, acepto e asumo o que non me gusta e fágoo aínda en contra do que o meu corazón di. A responsabilidade que ese equipo de 11 rapazas xeou en min provocou unha melloría nas notas do curso e ca miña parella. Tamén decidín o que farei ao acabar o curso, que ata o momento non tiña claro en absoluto. E, finalmente, mesmo acabei mostrando interese pola política, cousa estritamente necesaria.

Todos estes cambios que estou vivindo van provocar unha melloría na miña vida e creo que por fin podo centrarme no que realmente quero que sexa o meu futuro. A responsabilidade de ser responsable e algo polo que vale a pena enfrontarse a todo o que non gusta, é dificil, pero a satisfacción que dá vale máis que todo iso.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.