Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
O ¿triunfo? do feminismo (por Antía Outeiral)

Nestes tempos, en que supostamente o feminismo triunfa, nos que supostamente todos somos iguais ante a lei, realmente non o somos ante a mirada dunha gran maioría de individuos, e isto débese á educación recibida de pais, profesores e da sociedade en xeral. Quen non pode negar o machismo reflectido en numerosas relixións que seguen miles, mesmo millóns, de persoas?

Os tempos avanzan apresuradamente pero parece que as mentalidades non concordan con estes e é que, a pesar de que vivimos no século XXI, moita xente segue non só crendo senón que asegurando, mesmo berrando, que as mulleres somos inferiores, roubándonos os dereitos que nos pertencen, como abortar dunha forma segura ou  vestirnos como queiramos sen ser acusadas de andar provocando. Provocando? Provocando qué? Que nos asubíen? Que nos chamen de todo? Que nos violen? Nada xustifica a violencia contra as mulleres, a violación,  o acos, a desigualdade… nin unha crenza relixiosa, nin unha peza de vestir. Nada.

Xa levamos séculos de machismo. Dende a antiga Grecia. Pero non por iso debemos pensar ou crer que é o correcto, o feito de que acontecese algo no pasado non nos permite afirmar que “foi así desde sempre” e que “agora non o imos a cambiar”; porque esta afirmación lévanos, tristemente, a que hoxe teñamos que seguir perseguindo a igualdade.

A loita contra a desigualdade é difícil xa que moitas mulleres temen alzar a voz contra os seus agresores ou  mesmo temen ás súas propias familias, temen ser xulgadas; porque sempre somos as mulleres as que somos xulgadas, incluso sendo as vítimas; porque sempre se poñen escusas para non culpar os homes, sempre hai algo que impide a igualdade.

Terriblemente a mentalidade avanza a paso de tartaruga pero avanza, aínda que para moitas mulleres xa sexa tarde, están sendo violadas, están sendo obrigadas a sufrir roles de xénero estúpidos, algunhas deben asumir que nunca terán o poder adquisitivo que ten un home polo feito de selo , e moitas deben asumir e enfrontarse á realidade de que as súas fillas seguirán sufrindo como elas por esa desigualdade e quizais os seus fillos sigan criticando e humillando aos seus iguais.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.