Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
Dos Arquivos do trasno (por Xabier Lojo)

Rafael Dieste, autor nado en Rianxo no 1899, escribe no ano 1926 a obra “Dos arquivos do trasno”, nesta edición apareceu publicada con oito contos, pero máis tarde en 1962, a mans da Editorial Galaxia, fíxose unha segunda edición na que aparecían vinte contos en vez dos oito da anterior edición, principalmente estes contos tratan temas populares, pero con aspectos innovadores. Un deses contos é  “Sobre a morte do Bieito”.

    Na súa primeira edición este relato tiña outro nome (Encol da morte de Bieito), isto é significativo xa que o título actual cambia o significado do que principalmente quería transmitir Dieste, xa que, “encol” literalmente significa xirar ao redor dun tema, pero foi substituído por “sobre”, que lle dá un valor de que é unha historia explicada, suprimíndose esa connotación especial de teima, que tiña a primeira versión do título.

O tema principal deste relato é a preocupación do narrador-protagonista por se o Bieito vai vivo ou morto o día que o van enterrar. A preocupación, que é o tema sobre o que xira todo o texto,  é o que leva á angustia ao protagonista. Esta agonía existencial vese reflectida a través das interactuacións do narrador co lector, buscando unha forma de aceptación, buscando sentirse ben e liberarse da súa culpa, por deixar que todo transcorrese e fuxir ao final por medo de que o viran profanando a tumba.

Hai outro tipo de característica no relato, que é o chamado terror psicolóxico, sufrido polo narrador, que lle ten medo ao ridículo, o que fai que quede calado en vez de salvarlle a vida ao suposto morto, isto permítenos caracterizar ao narrador, podemos deducir que é unha persoa tímida, indecisa, entre outras cousas.

Falando un pouco máis da estrutura do relato, é preciso sinalar que non se dota dunha introdución nin dun desenlace, simplemente é unha anécdota na que se poden diferenciar tres partes: na primeira sitúase ao lector, de camiño ao cemiterio, na segunda trasládase ao lector a xustificación dos actos do protagonista xerados pola dúbida: dicir que o Bieito vai vivo ou non dicilo? e nterceira preséntase ao lector ante a covardía e inseguridades do protagonista, cando volve ao cemiterio e foxe.

    En conclusión, Rafael Dieste escribe o relato de “Sobre a morte de Bieito”, para abordar un asunto que preocuba grandemente ás xentes do seu tempo: a posibilidade de ser enterrado vivo. 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.