Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Construción da variante estándar (por Mar Tubío)

Normativizar unha lingua faise necesario nun proceso de normalización. Consiste na elaboración dunha variedade estándar conformada por distintas formas das variedades faladas dunha lingua. Este proceso ten como principais funcións darlle un maior prestixio ou mesmo fortalecer a conciencia de que verdadeiramente se está a falar dun idioma.

O galego pasou por unha serie de etapas previas á estandarización oficial; o dialectalismo, consistente do uso literario de dialectalismos característicos da zona de cada autor; o interdialectalismo, baseado na mestura arbitraria do uso de  dialectalismos e o supradialectalismo, que busca un galego culto e depurado. Por outra banda, Henrique Monteagudo, expón outra distinción de etapas: o galego popularizante, baseado na lingua oral, o enxebrizante, predominio do diferencialismo, o protoestándar, predominio purista e por último o estándar.

A escolla dun modelo estándar, deu lugar a diferentes tendencias. A rexeneracionista, entende que o galego hoxe é unha lingua independente. Por outra banda, o reintegracionismo defende que a similitude entre o galego e o portugués e o seu pasado histórico de lingua única. Mentres que a proposta de mínimos é unha normativa intermedia.

No momento no que dúas linguas comparten territorio interfiren formas dunha ou outra lingua, distínguense varios tipos como os castelanismos léxicos: miércoles, calle…; as interferencias de converxencia ou diverxencia: encontrar e atopar, bágoa e lagrima; os hipergaleguismos: mediciña, primaveira…

En conclusión, estandarizar unha lingua é un proceso básico á hora de normalizala. A normativización debe atender e respectar ás variedades dialectais da lingua e formarse a partir delas. A estandarización do galego pasou por diferentes etapas ata a norma oficial depurada e supradialectal que está vixente na actualidade.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.