Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Cambio climático (por Mateo Bermúdez)

O cambio climático está presente no noso mundo e convivimos con el, pero este pasa desapercibido ademais de ser tratado polas persoas como un tema de menor importancia cando este podería literalmente acabar co mundo tal e como o coñecemos hoxe en día.

A Sociedade Meteorolóxica Americana por medio dunha declaración formal concluíu que as medicións da temperatura da superficie da terra eleváronse en 1.4 graos Fahrenheit entre os anos 1901 e 2010, e a maior parte deste aumento de temperatura ocorreu nos últimos 20 anos do período, e os anos máis cálidos foron os últimos 10 a partir de 1997. Este foi o cambio mais rápido nos últimos 1300 anos, tamén é un dato alarmante que demostra a necesidade de medidas inmediatas para evitar consecuencias máis graves.

O cambio climático afecta á biodiversidade, provoca incendios, desxeo, desertización e desertificación, a subida do nivel do mar, etc.… A pesar de que moitas persoas cren  que o cambio climático é un mito, este é un feito que está a ocorrer en todo o mundo.

É necesaria a toma de medidas por parte non só dos estados senón de toda a cidadanía, tomando conciencia do problema e facendo o posible para solucionalo xa que as cifras son máis que alarmantes e, se a situación continúa así, deixaremoslles ás vindeiras xeracións un planeta con problemas irremediables.

Todos debemos participar na solución do gran problema que presenta o cambio climático xa que se non actuamos pronto, este traerá consecuencias irreversibles.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.