Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
As redes sociais (por Mateo Bermúdez)

Sen dúbida algunha as redes sociais son un medio que serve para comunicarse e compartir contidos con persoas de todo o mundo, pero tamén ocultan perigos aos cales nos podemos ver expostos. O abuso destas redes ademais de frecuente é un acto que trae consecuencias .

Hoxe en día internet e as redes sociais son fundamentais para moita xente que non pode vivir sen estas e abusan delas o cal dificulta relacionarse con outras persoas no día a día. Según un estudo da universidade de Valencia o abuso das redes crea dependencia e carencias á hora de relacionarse ademais de cambios de humor polo cal deberíase reducir o número de horas que se pasan diante da pantalla.

Outro dato sorprendente é que do do 92% da poboación que usa as redes, un 86% sofre unha adicción a estas sen sabelo xa que a inmensa maioría as usa en exceso. Un dos grandes inconvenientes que esconden, ademais dos evidentes perigos como ter os datos persoais expostos a unha inmensa masa de empresas e persoas, é a existencia dun mundo ficticio creado a conveniencia de distintos usuarios o compañías que só nos deixan observar unha imaxe moldeada ao gusto do propietario da páxina.

Podemos concluír que as redes sociais e internet en xeral son unha vía de comunicación e intercambio de información enorme e de gran axuda sempre e cando se usen con responsabilidade e coñecemento do espazo no que o usuario se move .




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.