Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Actividades
A memoria de Che Tembra (por Celia Arcos)

Che Tembra é un home de Taragoña, nacido no ano 1955, cando España aínda estaba sometida polo poder da ditadura franquista. Este home é un famoso forxador que hoxe en día segue creando novas obras con material reciclado.

En primeiro lugar, el iniciou o seu traballo na forxa do ferreiro con trece anos. Foi neste lugar onde lle xurdiu por primeira vez a idea de crear obras con ferro. Ao principio, limitábase a facer pequenas flores cos restos de metal que atopaba polo taller. Co paso do tempo, decidiu retratar algunhas das inxustizas que había naquela época e tamén reproducir algunhas das obras máis coñecidas da arte galega, como pode ser “A derradeira lección do mestre” de Castelao. Actualmente ten pensado facer unha obra para o día das letras galegas e outra para o día da muller, porén todavía está facendo unha escultura que representa un ramo de flores para expoñer o día de Rosalía.

En segundo lugar, Che conta que cando el era pequeno, os xenerais que acadaban as ordes do ditador asasinaban e roubaban a moitas persoas en nome de Deus. Tamén recorda que toda a xente do pobo que ía presa naqueles tempos era levada a Rianxo, onde actualmente están os galpóns, alí recibían moi malos tratos e precisaban que lles chegaran cartas ás autoridades dicindo que os prisioneiros eran boa xente. Para afrontar tales inxustizas, as mulleres da aldea dábanlles comida, fervíanlles a roupa e levábanlles palla para que durmisen nela, deste xeito evitaban que morresen de fame e que lles invadiran os parásitos. Este feito é o posible causante de que Che comezara a retratar obras de arte de carácter reivindicativo.

Por último, Che di que el sempre sentiu moita admiración cara a Castelao, é por isto que moitas  das súas obras son reproducións de antigos bocetos debuxados por este escritor rianxeiro. Ademais, el pensa que Castelao retratou en varios cadros ao seu visavó, pois neles aparece un home cego (o cego era o alcume que recibía a familia de Che) co Castro Barbudo de fondo.

En conclusión, Che é un home que se serviu dos bocetos de Castelao e viviu sometido ao poder da ditadura franquista, o que o inspirou a crear a maior parte das catrocentas esculturas que ten feito polo de agora.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.