Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
8M, unha loita herdada (por Carla Pedrouzo)

Resultado de imaxes para feminismoNestes días, máis que nunca, a palabra feminismo colle forza nas redes sociais e nos medios de comunicación, pero, que entendemos por feminismo? O feminismo é un movemento social que pide para a muller o recoñecemento dunhas capacidades e uns dereitos que tradicionalmente estaban reservados para os homes.

Na nosa sociedade, está presente o machismo dende hai moitos anos. Estamos acostumadas a escoitar que as mulleres so servimos para coidar aos cativos e facer as tarefas do fogar. Son moitas as mulleres que levan loitando dende hai anos pola igualdade entre os dous sexos. Seguramente vos soe o nome de Marie Curie, pois foi a primeira muller científica en recibir un Premio Nobel de química no ano 1911. Esta anunciou o descubrimento de dous novos elementos: o polonio e o radio. Este traballo comezouno a propia Marie e o seu marido, Pierre, decidiu abandonar as súas anteriores investigacións para axudala e apoiala en todos os seus proxectos. Esta foi unha actitude verdadeiramente envexable e sorprendente para a época na que se atopaban.

Nun día tan especial coma hoxe, 8 de marzo de 2019, non podería pasar desapercibida unha muller tan importante como foi Frida Kalho, un claro modelo a seguir. Na súa obra mostrase unha comprometida representación da forma e da experiencia feminina. Na sociedade do seu tempo, onde a supremacía do masculino constituía o sentido común, a muller xogaba un papel que claramente a supeditaba ao home. Foi das primeiras pintoras que expresou na súa obra a identidade feminina dende o seu propio punto de vista, esaxerando trazos considerados como masculinos como foron as súas cellas e o seu bigote, rexeitando a visión feminina tradicional.

Con todo isto quero dicir que houbo moitas mulleres revolucionarias que loitaron polos seus dereitos e polos seus soños, sen que ningunha figura masculina se lles puxese por riba. A labor de loitar polo que nos pertence herdámolo todas e cada unha de nós das mulleres que un día comezaron esta loita, polo que é o noso deber seguir con ela.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.