Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
8M (por Marta Figueira e Antía Rodríguez)

8M por MArta Figueira

O día da muller celébrase cada 8 de marzo para lembrar que neste mesmo día, en 1857, tivo lugar a primeira manifestación de mulleres, que saíron ás rúas de New York para protestar polas condicións inhumanas nas que tiñan que traballar nunha empresa téxtil. Ademais, anos despois, o 25 de marzo de 1911, incendiouse unha fábrica de camisas na mesma cidade. En dito accidente morreron un total de 123 mulleres, foi o desastre industrial máis mortífero de New York.

Antes desta última data, varias cidades xa bautizaran dita xornada co nome de “Día da Muller”. En Europa foi en 1910 cando, durante a 2º Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, se decidiu proclamar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Por outro lado, o feminismo é un movemento social e político que defende o principio de igualdade nos dereitos entre a muller e o home. Existe dende a antiga Grecia e unha das primeiras mulleres filósofas con principios feministas foi Hiparquía, que deixou o papel tradicional dado ás mulleres e comezou a usar a roupa dos homes para non seguir as tradicións da sociedade grega. Día tras día as mulleres loitamos para que se igualen os nosos dereitos cos dos homes, esiximos o mesmo salario, os mesmos roles na sociedade e non sufrir violencia polo feito de sermos mulleres.

En 1992, un locutor de radio e comentarista político conservador estadounidense, usou a palabra feminazi para referirse ás feministas; utilizado un sentido pexorativo contra o feminismo ou contra as feministas, argumentando que o feminismo non buscaba a igualdade entre homes e mulleres senón a supremacía das mulleres sobre os homes.

Nun día coma o 8 de marzo, precisamos estar unidas para reivindicar os nosos dereitos, e que esta data quede no noso recordo como o último día que mulleres e homes viviron en desigualdade. Porque negar que existen diferenzas é non asumir a realidade. Porque non precisamos gritar que somos libres, precisamos unha sociedade que non nos obrigue a ter que facelo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.