Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Por que non se lle dedican as letras galegas a Carvalho Calero? (por Sara Tubío Rial)

En 1963 coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos celebrouse por primeira vez o “Día das Letras Galega”, co obxectivo de homenaxear a importantes figuras da cultura galega. Esta primeira edición foi dedicada a Rosalía de Casto e dende entón, cada ano, novas figuras relevantes son premidas. Porén, hai unha en concreto que, malia a súao seu enorme labor en prol da cultura de Galicia, foi candidato en numerosas ocasións pero nunca recibiu a homenaxe, falo de Carvalho Calero, a que se debe isto? Por que non homenaxear unha figura que tanto loitou pola nosa cultura? Na miña opinión resulta incomprensible.

Con respecto ao seu labor lingüístico, o mesmo ano que comezan a celebrarse as Letras Galegas, 1963, créase a Cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, e foi Carvalho Calero a primeira persoa en converterse en catedrático de  lingua galega. Así mesmo, en 1966, levou a cabo un dos traballos máis importante da época sobre a lingua de Galicia, a Gramática elemental do galego común, que impulsou o camiño cara unha normativa unificadora para a lingua.

No ámbito literario desata a súa obra A xente da barreira, a primeira novela en galego da posguerra, aínda que escribiu moitísimas outras obras destacando tamén no ámbito teatral. Sen dúbida, un dos labores máis relevantes levados a cabo por este autor foi a exhaustiva investigación que realizou sobre a historia da literatura galega, a cal sería recollida no seu libro (publicado pola editorial Galaxia no 1963): Historia da literatura galega contemporánea. Grazas a este libro podemos coñecer moito máis sobre a nosa historia literaria.

Os membros da Real Academia galega son os encargados de votar cada ano a persoa homenaxeada, dita homenaxe outórgaselle a persoas que destaquen pola súa produción literaria en galego ou pola defensa do idioma, ademais esíxese que teñan pasado polo menos dez anos dende o seu falecemento. Este 2019 fanse vinte nove anos dende a defunción de Calero, así pois cumpre amplamente todos os requisitos.

En conclusión, o primeiro catedrático en lingua galega, preocupado por buscar unha normativa unificadora para o idioma e investigar a nosa historia literaria, Carvalho Calero foi un escritor que deixou unha enorme pegada na historia. Tras analizar a súa pegada cultural e histórica, resúltame incomprensible por que, ano tras ano, non é elixido para ser homenaxeado nun dos días máis importantes para a lingua galega. Espero que nuns anos a Real Academia Galega decida agradecerlle o seu enorme labor.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.