Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Vox (por Camilo Basadre)

As eleccións andaluzas confirmáronnos o que viñamos temendo nos últimos anos en España, un auxe da extrema dereita, que conseguiu por primeira vez representación política. Ademais, todo parece indicar que Vox vai ser clave na formación de goberno.

Os defensores de Vox e os partidos que non descartan pactar con eles din que hai que respectar o votado e, penso eu, os alemáns tamén votaron a Hitler. Polo tanto, ser votado non implica que se trate dunha opción respectable dende un punto de vista democrático. É evidente que se aproveitan do clima de crispación que leva a moita xente a acudir ás urnas sen facer unha reflexión previa e tan só deixándose levar por un odio infundado. Isto púidose ver nunha recente entrevista levada a cabo no municipio onde Vox foi o partido máis votado, no que moitos entrevistados manifestaron descoñecer e incluso rexeitar bastantes puntos do seu programa.

Di o refraneiro español “dime con quién andas, y te diré quién eres”, e non podo estar máis de acordo. Tras os resultados, as reaccións non tardaron en sucederse. Os líderes de esquerdas e centro mostraron o seu rexeitamento; mentres que a extrema dereita o celebrou como una boa nova. Pódese pensar que Vox é constitucional, pero no momento en que líderes como Le Pen ou dirixentes de grupos ultras e radicais mostran os seus respectos, ou persoas como David Duke, ex lider do Ku KLux Klan, di que é un gran avance para a #EspañaViva e a reconquista cristiá, que debemos pensar?

Por outra banda, tamén é certo que a súa interrupción non se debe só ao apoio da dereita, senón tamén ao conformismo da esquerda e o centro co seu mirar para outro lado ou coa abstención, cunhas cifras do 50%. Non podemos só queixarnos da praga, cando temos na man a sulfatadora. Parece que os desencantados son sempre os mesmos, e a clase política debería reflexionar e tratar de revirar a situación. Agora ben, tamén deberían facelo todos os que decidiron quedar na casa e non dedicar uns minutos a ir votar.

Ante o avance destas forzas en Europa e outras partes do mundo, a impasibilidade non é unha opción. É o momento de que quen ten como bandeira o respecto e igualdade entre todos os seres humanos, que non concibe a discriminación de ningún tipo, alce a súa voz máis que nunca. Non debemos normalizar que partidos coma Vox cheguen ao poder, pois a extrema dereita nunca será unha opción respetable.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.