Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
O machismo na nosa sociedade (por Mateo Bermúdez)

Vivindo no século vinteún, aínda existen e pódense ver comportamentos así como pensamentos machistas de cote, isto é unha proba máis que notoria para comprobar que non vivimos nunha sociedade equilibrada en termos de xénero.

Para observar o machista que é a nosa sociedade temos centos de exemplos, un deles, é a brecha salarial, a cal fai que en España case todos os homes cobren máis que as mulleres polo mesmo traballo. Isto amosa os comportamentos machistas das grandes empresas que prefiren contaratar home antes que mulleres.

Outro exemplo a nivel nacional do machismo existente é o número ascendente de vítimas de violencia de xénero, que suma máis de novecentas mulleres asasinadas, aínda que isto é só unha parte que coñecemos, xa que hai moitas máis mulleres que sofren a violencia de xénero en silencio.

O machismo, sen dúbida é un verme que debemos exterminar concienciando as persoas dos abusos que aínda a día de hoxe sofren as mulleres para así lograr un mundo baseado na igualdade de xénero.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.