De verdade son imprescindibles nun futuro as tecnoloxías na educación ou só seráan unha distracción para o ensino e sería mellor seguir co que sabemos que funciona correctamente?
As novas xeracións deberían aprender usando as novas tecnoloxías para complementar o traballo nas aulas. Se potenciamos o uso destas tecnoloxías nos rapaces desde pequenos, cando sexan maiores o seu uso seralle moito máis sinxelo, e ademais na actualidade estes aparellos fan que as clases sexan máis levadeiras e que se aprenda dunha forma máis entretida.
Nos colexios deberíase aumentar o número de ordenadores, pantallas dixitais… xa que os alumnos adoitan prestar máis atención e entender mellor os contidos cando estes se expoñen coa axuda de tecnoloxías que cando só se utiliza un libro de texto tradicional. Aínda que en moitos colexios xa hai bastantes ordenadores, deberían ser máis, xa que polo menos cada alumno tería que ter un para uso propio. Así avanzaríamos cara un mundo onde todos soubesemos usar as tecnoloxías, un mundo máis dixital, onde a substitución dos libros por formatos dixitais axudaría a reducir o gasto de papel.
Outra opción que posiblemente sería moi ben aceptada podería ser que cada alumno tivese a súa propia tablet. Isto non só axuda ao desenrolo das clases, senón que para os rapaces tería outra ventaxa: deixarían de ter que levar sempre un gran peso nas súas mochilas xa que os libros poderían ser dixitais e ademais escribirían nun teclado dixital en vez de usar libretas e folios.
A aparición progresiva das novas tecnoloxías na educación xa é unha realidade, e nun futuro non moi lonxe, estas serán usadas en vez dos libros e libretas tradicionais. Este é cambio positivo, xa que así como a sociedade cada vez é máis tecnolóxica, as novas xeracións deben aprender dende pequenas a usar estas tecnoloxías, e así tamén adaptarse mellor a un mundo cada vez máis dixitalizado.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]