Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Machismo (por Camilo Basadre)

Fíxose eco a prensa española hai unhas semanas do comentario machista do presidente do Iberojet Palma, que criticaba a falta de aptitude das árbitras e comentaba que era a primeira vez que tiña un trío arbitral femenino, e que el prefería como máximo unha muller. A reacción por parte da Federación non tardou e tomou medidas contra o presidente, que pediu perdón e se mostrou arrepentido e comprometido coa igualdade no deporte

Na miña opinión, este é un tema no que xa se avanzou bastante, tendo en conta a creación da Liga Dia, equivalente da ACB, e un comité de igualdade apoiando a Jorge Garbajosa, presidente da Federación de Baloncesto, en todas as medidas relacionadas con isto. A situación tornou favorable como tamén demostra que Tenerife fose a sede do mundial femenino deste ano, e onde #AFamilia (nome da selección absoluta en ambas categorías) acadou unha medalla de bronce, sumándose así ás medallas olímpicas e europeas conseguidas nos últimos anos. Os éxitos aportan a visibilidade tan necesaria.

Aínda así, queda moito camiño por andar. En EE.UU., a WNBA empeza a competir coa NBA no que se refire a recoñecemento, premios e asistencia aos estadios, tan só 10 anos despois da súa creación. Pese a isto, as diferenzas seguen sendo notables en tema de salarios e contratos, apartado no que as mulleres, coma sempre, se ven perxudicadas. Para acadar unha igualdade real e efectiva, é necesario que se dean pasos neste senso.

Pero sen dúbida, non só de poder feminino vive o deporte, senón tamén do masculino. En España, foi normal ver nos partidos do Mundial e da Liga feminina a membros de equipos e do combinado masculino, con exemplos como Ricky Rubio, que aproveitaron unha lesión ou non participaron nun partido (cas consecuencias que iso conleva) para poder ver o debut da Liga ou a semifinal do Mundial. En canto a EE.UU., fíxose viral a carta dunda rapaza a Stephen Curry mostrando a súa tristeza porque as súas zapatillas non estaban dispoñibles en talle de nena pero si de neno, situación que o xogador se comprometeu a cambiar.

Hai que aplaudir e celebrar cada logro alcanzado, mais aínda queda moito por facer. Non debemos conformarnos co conseguido, senón que é traballo de todas e, non olvidemos, todos, que o deporte feminino siga avanzandp cara a igualdade.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.