Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
É importante ler cada día? (por Xabier Lojo)

Os libros, dende fai centos de anos, permitíronnos almacenar e gardar información, dunha maneira diferente á oral, o que conleva poder saber moito máis do pasado, ou mesmamente a conservación de historias, das que naceron os diferentes tipos de literatura, como poden ser os poemas, novelas, teatro… Aínda que os libros e o mundo que os rodea sempre fosen un dos principais focos de entretemento, ca chegada do mundo da tecnoloxía e de todos os seus pros e contras, baixou o número de lectores e o máis preocupante, o número de mozos que len a diario.

    Segundo diferentes estudos, debido aos malos hábitos de escritura, debidos á utilización de abreviaturas ou faltas de ortografía nas redes socias, diminuíron a nota media nas diferentes materias de linguas, baixando o nivel á hora de escribir e aumentando o número de faltas, pero isto non só pasa en Galicia, senón en todos os países, xa que en todas as linguas acostuman crear “argots”.

    A maioría dos mozos ven a lectura como unha obriga do colexio ou algo tedioso, en vez de velo como un pasatempo ou unha diversión, que era a súa principal función, isto en parte ven dado porque os rapaces de hoxe en día teñen demasiadas actividades onde escoller, pois existen infinidade de xogos para videoconsolas e modalidades deportivas. Se ben,  realmente non levan a nada, xa que a maioría destas non asegura unha formación académica ou profesional, a non ser que sexas un prodixio dese deporte ou incluso dun videoxogo, pero ao contrario disto ler axudará á cultura e aá capacidade de expresión e de entendemento.

    Normalmente cando unha persoa comete moitas faltas de ortografía recomendáselle ler libros ou xornais, para que se vaia acostumando a ver as palabras que logo terá que escribir, isto lévano a cabo a maior parte dos profesores, e realmente é o mellor que se pode facer nestes casos, xa que está demostrado que as persoas que len a diario, ou a miúdo, non acostuman cometer ningunha falta ortográfica e a súa forma de expresarse é mellor.

    En conclusión, aínda que exista unha tecnoloxía que nos axuda en moitas cousas, incluso á hora de escribir, corrixíndonos automaticamente as faltas, non se pode pretender abusar disto, xa que iso sería como non facer nada, por iso recoméndase sempre ler un pouco, para aumentar a nosa cultura e poder escribir e expresarnos mellor, en calquera das circunstancias a que nos enfrontemos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.