Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A preocupante moda dos deportes electrónicos en youtube (por Zoran Conde)

Según a RAG o deporte é a actividade que ten como fin o desenvolvemento das facultades físicas da persoa e o entretemento, pero a día de hoxe empezan a popularizarse outros medios para competir. Non considero que sexa unha mellora na sociedade, pero estou seguro que repercutirá de tal maneira que antes ou despois marcará un punto e aparte no ámbito deportivo.

 Desde 2009 foise creando un ámbito profesional nos videoxogos, tomando como referencia o League of Legends foronse creando diversos torneos presenciais para empezar a atraer xente de todo o mundo. O que ninguén pensaba que ía a pasar era que grandes marcas e empresas quixeran patrocinar aos diferentes equipos da plataforma facendo así posible a idea de que chegue a ser algo grande iso dos deportes electrónicos. Como consecuencia e tras bastantes anos, chegan a crearse diferentes torneos subvencionados con premios que ascenden a millóns de euros. Vendo isto e mirando tamén a xente que empezaba a intererarse, creáronse os primeiros mundiais dos diferentes xogos estrela do momento, chegando a reunir en Twitch, unha plataforma de streaming actual, millóns e millóns de persoas vendo e apoiando aos seus equipos favoritos. Incrible e deslumbrantemente estes deportes están sacando do punto de mira a outros como o fútbol, o baloncesto e o voleibol. Existen estudos que estiman que en menos de 5 anos terán unha repercusión mundial, ao nivel dun deporte clásico como o fútbol, e obterán moitísimos ingresos, chegando a competir directamente con este e incluso desbancándoo.

 YouTube tamén ten unha gran repercusión a día de hoxe, sendo a plataforma con máis espectadores diarios do mundo e con millóns de vídeos subidos. É a competencia directa da televisión contando actualmente con máis de mil millóns de usuarios no mundo e incrementando o número de horas que a xente invirte en ver vídeos nun 60% ano tras ano. Algúns usuarios aproveitan a oportunidade de xenerar ingresos ca elaboración de vídeos altamente chamativos. Estes usuarios son coñecidos como Youtubers e, a base de humor e creatividade, conseguen enganchar e cumprir as expectativas da xente que os ve, aumentando en consecuencia a súa importancia na plataforma. Como consecuencia diso, ao non necesitaren grandes cantidades de cartos para poder empezar a crear vídeos, a xeración coñecida como millenials cre firmemente que pode chegar a triunfar na plataforma con apenas os estudos básicos e vivir diso. Neste último ano as contas con vídeos subidos a YouTube aumentaron un 40%, sendo a maioría menores de quince anos que deixan de lado os estudos para poder conseguir ser os máis famosos.

 Vivimos nunha época na que as tecnoloxías comprenden a maior parte da nosa vida. Ironicamente, deixamos de lado as cousas que realmente nos fan vivir, abandonamos os típicos partidos de fútbol cos amigos, pasear, visitar novos sitios… xa que dispoñemos de certos medios que nos facilitan facelo sen ningún custeo económico ou perda de tempo. Xurdiu YouTube como medio de entretemento e os deportes electrónicos como medio de competición. Coñeceremos aos nosos veciños dentro duns anos?




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.