Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Unha web de todos por igual (por Carla Pedrouzo)

A denominada ‘Operación Albóndega’ foi a última campaña realizada nas redes sociais para que IKEA inclúa o galego nos seus servizos como fai co catalán e co éuscaro. Pese a que o número de galego-falantes sexa maior que o de éuscaros ou catalán, estes dous últimos xa existían antes que o galego na devandita páxina.

No sitio web da ‘Operación Albóndega’ lémbrase que a web de IKEA non ten a posibilidade de mostrar o seu catálogo en galego, mais si o atopamos noutras linguas oficiais do estado como os idiomas citados con anterioridade. Pese a ter un establecemento aberto na Coruña, non ofrecen unha atención en galego ao público que o desexa. No devandito programa, entre outras moitas cousas, tamén se lle recorda a este establecemento que “a lingua propia de Galicia é o galego” como cita o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, co cal, demándaselle que o seu sitio web, incluíndo a rotulación do establecemento da Coruña, estean en galego canto antes.

Unha correcta atención en galego, axudará a que os galego-falantes non muden a súa lingua cando os traballadores lles contesten en galego e non en castelán, deixando a un lado a diglosia, é dicir, usar o galego no ámbito familiar e en espazos públicos o castelán.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.