Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Unha lingua en apuros (por Carla Pedrouzo)

Resulta que unha compañeira máis eu, estamos a facer un traballo de estatística sobre este  tema, a lingua, e resulta abraiante.

Un estudo realizado pola RAG advirte que o galego diminúe a gran velocidade na urbe, sobre todo en Vigo e A Coruña mentres que na zona rural mantense cunha pequena diminución de falantes e a súa vez, estas zonas perden poboación a unha velocidade vertixinosa. Pese a isto, a porcentaxe de galego-falantes é maior que os do éuscaro e o catalán.

Arredor do galego hai unha serie de prexuízos lingüísticos que dificultan o fomento do idioma e provocan o descenso de galego-falantes. Estes prexuízos están vixentes na mocidade, onde o feito de aparentar pesa máis que a propia identidade. Mentiríamos se dixeramos que nunca escoitamos a alguén dicir que o galego é unha lingua de pobres, de incultos, de ignorantes ou mesmo unha lingua bruta e de vellos. Todo isto incita á fala do castelán, creándose unha falsa crenza de que falando esta lingua, calquera pode chegar a ser alguén na vida, mentres que falando o galego non.

O noso idioma sofre certos riscos, mais isto está nas mans de todos nós cambialo e loitar pola identidade do pobo galego para que non se perda.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.