Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
«Síntome máis segura, aínda que a parada estea fronte á miña casa» (por Breixo Iglesias)

O transporte urbano de Ourense deixa xa no portal ás mulleres que viaxan soas de noite 

Os abusos machistas, as increpacións e os acosos ás mulleres son cousas que, por desgraza, seguen sucedendo na actualidade na que vivimos. A cantidade de abusos sexuais seguen tendo unhas cifras alarmantes, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero elévase ata 54, no que vai de ano, e a cantidade de mulleres que son perseguidas ata a súa casa ou increpadas pola rúa é tan elevada que nos debería de dar vergonza.

O acto de deixar no portal da súa casa ás mulleres que viaxen soas no transporte urbano, sempre que llo pidan ao condutor,  paréceme unha iniciativa perfecta e que se debería expandir por toda España. É un xesto que non costa nada, deter un autobús cando a muller o precise para impedir que se sinta insegura ou mesmo que, nos casos máis graves, sexa atacada.

En twitter fíxose viral un twit dunha muller que, indo en taxi, non lle chegaba o diñeiro para pagar o taxi ata o portal da súa casa e tiña que deterse unhas rúas antes, pero o taxista aproximouna ata o seu portal sen aumentar o prezo. Estes xestos son algo que se ten que instaurar na sociedade.

Con isto non estou dicindo que a solución aos abusos machistas e ao acoso ás mulleres sexa facer o dito anteriormente, hai que educar á sociedade de que isto é algo que non pode suceder, sobre todo aos máis pequenos. Se lles ensinamos aos nenos que á muller hai que respectala, impediríamos que os nenos crecesen con eses pensamentos arcaicos propios dunha sociedade na que as mulleres eran consideradas inferiores aos homes. Tamén se deberían intensificar as sentenzas e as condenas  nos casos de violencia machista, xa que os anos de cárcere e as multas son insignificantes respecto a todo o dano causado ás vítimas e aos familiares destas.

As paradas antiacoso e o xesto dos taxis son algo de agradecer, pero a solución non é nin moito menos isto senón erradicar esta mentalidade arcaica de que o home é superior a muller.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.