Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Proxectos divertidos en galego (por Carla Pedrouzo)

A Mesa pola Normalización Lingüística publicou O tempo meteorolóxico, un libro didáctico para a educación infantil, ilustrado por Miguel Robledo.

Esta proposta é unha nova forma para que non caian no baúl dos recordos palabras como “saraiba” ou “treboada” xa que non adoita formar parte do vocabulario dos máis cativos, ademais disto, aportalles unha cultura xeral dende nenos, que nunca está de máis.  Con isto conséguense varias cousas: fomentar o uso da lingüa galega empezando dende os máis  pequerrechos e animalos a querer saber máis, é dicir, motivalos a estudar e a ser curiosos.

Esta entidade proporciona materiais en galego para cativos de entre 0 a 6 anos ca finalidade de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa. Con proxectos coma estes, o galego seguirá vivo na nosa sociedade e non caerá no olvido.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.