Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
As mulleres das Irmandades (por Xabier Lojo)

Seguramente toda galega ou galego oíu falar algunha vez das Irmandades da Fala, ese grupo de intelectuais tan famoso, que axudou a prestixiar e impulsar un galego case morto para os ámbitos cultos e asoballado polo castelán, pero á hora de falar destes impulsores ou intelectuais galegos, só temos en mente figuras masculinas, como pode ser o caso de Castelao, Vicente Risco ou Otero Pedrayo, pero, onde quedaran as mulleres nestes anos?

Como moitas veces nos dixeron, a comezos do século XX, os homes que vivían en Madrid, ou nas grandes cidades, sobretodo estudantes, como podía ser o caso dos integrantes das Irmandades, vivían unha vida na que o máis común era manter encontros nos cafés para falar ou discutir sobre diversos temas e xusto foi nestes anos cando un grupo de mulleres, sen importar o que a sociedade pensara delas, sumáronse á causa e fixeron o que daquela era chamado como “cousas de homes”. Ata entón nunca se vira un grupo de mulleres pola rúa vestidas como quixeran, en bicicleta, fumando, bebendo, sendo libres…, aínda que fose unha cousa tan simple como se pode ver agora mesmo, daquela marcou a forma de ver as cousas.

O intento repetido de borrar calquera pegada feminina da historia, por parte do poder establecido polos homes, deixou nunha parte comprometido ao grupo feminino, que realmente parece visto dunha forma superficial, que non fixo nada pola arte nin pola cultura galega, ou de calquera outro país, pero seguramente moitas máis cousas das que nós cremos están pensadas por unha muller e realmente non se sabe, porque se lle atribuiu o seu éxito a un home.Todos coñecemos casos, por exemplo, J.K.Rowling, Amandine Aurore Lucile Dupin, Charlotte Brontë, Karen Blixen, entre outras moitas, estas mulleres do calibre de J.K.Rowling (considerada a escritora máis lida do mundo ca saga coñecida por todos “Harry Potter”), tiveron que buscar un pseudónimo masculino para que as súas obras se tomaran en serio e poder publicar libros sen problemas.

Entón despois do dito anteriormente, pode ser que algunha muller buscara un pseudónimo para publicar nestes anos das Irmandades da Fala? Pode, pero o que si se sabe seguro son algúns dos nomes das participantes do grupo, pero por desgraza é o único que se sabe delas, xa que foron borradas e olvidadas na historia, algunhas delas foron Elvira Bao, Amparo López Jean, María Miramontes, Pilar Durán, Carmen e Micaela Chao…, o que non se olvida delas foi a man que botaron, a forma de pensar e a necesidade dun cambio. Loitaron pola igualdade entre o home e a muller, foron libres e fixeron o que quixeron sen que ninguén lles parase os pés. A gran pena é que seguramente a maioría delas podería facer arte ao nivel de Castelao ou calquera dos autores, pero ao ser o pobo sen voz, non puideron transmitir toda a sabedoría que posuían.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.