Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A inutilidade do útil (por Breixo Iglesias)

A priori temos bastante claro o que é útil e o que non o é, pero está tan claro? Aquí entra en xogo o convencionalismo, pois o que para unha persoa pode ser algo útil e de vital importancia para min pode non selo e viceversa. Un exemplo claro disto é sacar o carnet de conducir. Para unha persoa sacar o permiso de circulación nada máis cumprir os 18 anos é algo importantísimo, algo que ansía, pero para outras pode ser algo sen importancia e innecesario.

Vivimos nunha sociedade na que un título universitario non garante un traballo e moito menos no ámbito da especialidade. O visto socialmente como útil nesta sociedade sería rematar os estudos secundarios obrigatorios, aprobar a selectividade coa máxima nota posible, entrar nunha carreira do ámbito científico-tecnolóxico e, ao rematala facer masters ou especializacións nese ámbito.  Desta forma o que se consegue é coñecer moita xente, saber moita teoría, pero ignorar a práctica, que sería o máis útil para a vida, porque non vai servir de nada coñecer moitos apartados teóricos sen saber como utilizalos. Ao final, todos eses anos de estudos non garanten nada.

O visto socialmente como o inútil sería deixar de estudar a moi temprana idade e comezar a traballar moi xoven en traballos pequenos para despois ir aumentando a calidade destes xeralmente. Desta forma os estudos necesarios conséguenos de maneira pragmática nos traballos. En moitos casos esa experiencia e eses coñecementos son mais necesarios que os obtidos estudando e os que se buscan en moitos traballos.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa, INE e elaboración propia,  un 76,7% dos españois menores de 30 anos que teñen rematados os seus estudos superiores teñen traballo. Lendo isto podemos pensar que o máis útil sería estudar unha carreira, xa que máis do 75% das persoas con estudos encontran traballo, pero todas esas persoas traballan en algo relacionado cos seus estudos, ou noutro traballo visto socialmente como inferior? En moitos casos en España os estudantes pásanse moitísimos anos estudando para acabar traballando nunha tenda de roupa, como camareiros ou como dependentes dunha empresa de comida rápida; conseguen os mesmos traballos que persoas que abandonaron os estudos secundarios obrigatorios, só que estes últimos levan traballando e gañando experiencia laboral todos os anos que eles estiveron estudando.

En definitiva, non sempre o que na sociedade está visto como o máis útil é o mellor, nin o que é visto como o inútil o é tanto. Cada persoa ten que facer o que máis lle apeteza sen pensar en que sería útil e que sería inútil.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.