Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O galego en Operación Triunfo (por Antía Outeiral)

Nestes días de decembro podemos ver nas nosas televisións un dos programas que xa daquela cando se estreou tivo moita relevancia, estou a falar de Operación Triunfo que despois de deixar de emitirse durante varios anos volveu no 2017. Este ano é o segundo e dentro desta famosa academia están preparándose para ser famosos cantantes moitos xoves de toda a península, e como o ano pasado hai unha concursante galega, Sabela.

 Esta galega foi a primeira en atreverse a propoñer cantar unha canción en galego xa que para ela era moi importante facelo debido a que se sentía moito máis cómoda cantando na súa lingua materna. Despois de cantar e ser fortemente aplaudida e loada debido á súa valentía outro dos seus compañeiros da academia, Miki, decidíu seguir os pasos da artista e cantar na súa lingua, o catalán.

 Este feito non foi o único que nos mostrou a morriña que sente Sabela, senón que moitas veces pódeselle escoitar cantando algunha outra canción en galego ou mesmo o poema Negra Sombra de Rosalía de Castro ou intenta ensinarlles aos seus compañeiros e profesores algunhas palabras en galego.

 Pero non todo o do consurso foi perfecto para Sabela, xa que á segunda vez que propuxo unha canción en galego recibiu un “Pero ya cantaste una vez en gallego” dunha das súas profesoras como se cantar en galego fose un xénero musical e non estivese ben repetilo cando en castelán xa cantara unhas oito veces e outras dúas en inglés.

Malia isto Sabela está conseguindo, aínda que probablemente non se percate, dignificar a lingua e estalle quitando todos eses prexuízos que hai arredor dela e mostrando como é útil para todos os ámbitos como calquera outra lingua.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.