Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Que ocorre co galego? (por Antía Outeiral)

Máis de dous millóns de habitantes, unha cultura e gastronomía propias, unha terra de paisaxes de ensoño, esta é  Galiza! Pero fáltalle a lingua, fáltalle o galego!

 A nova xeración de xóves galegos non sente a necesidade de falar a súa lingua xa que na actualidade pode desenvolverse perfectamente usando o castelán ou mesmo unha lingua aínda máis foránea, o inglés. A importancia que se lle dá a estas dúas linguas provoca cada vez máis o abandono da lingua nai, o galego.

Se temos en conta os resultados das enquisas que realizou o Instituto Galego de Estatística (IGE) o pasado 2013 respecto á lingua que falan as persoas habitualmente, podemos afirmar que cada vez a mocidade é menos monolingüe en galego e utiliza máis o castelán, que se considera por moitos aínda hoxe a lingua de prestixio e o galego pola contra é considerada unha lingua rural e de xente menos culta.

Outro factor que fai que a lingua caia en deduso é o famoso 33,33,33 a partir da educación primaria, que consiste en impartir clases en tres linguas distintas: o galego, o castelán e o inglés, seguindo así a países como Luxemburgo entre outros. Esta lei é gradual, é dicir, as porcentaxes das linguas estranxeiras provocan que, a medida que os rapaces crezan, usen menos a lingua de seu. Esta situción podemos observala na gráfica inicial.

Que podemos facer para cambiar esta situación? Primeiramente falar, xa que a lingua vive na fala e precisamente o galego sobreviviu a épocas moito máis tráxicas ca esta grazas á oralidade, aínda así debemos ter en conta que as circuntancias non eran as mesmas que na actualidade e debemos crear leis para protexer a nosa lingua, pero sobre todo cambiar os nosos comportamentos para con ela.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.