Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A extinción do galego nas nosas mans (por Carla Rañó)

A saúde do galego era crítica, pero grazas á concienciación da xente deste feito a situación lingüística mellorou notablemente. Para isto fixeron falla moitos cambios, pois existen numerosos factores e ámbitos que inflúen directamente no uso desta lingua.

Segundo a Real Academia Galega, os datos do uso do galego son bastante favorables nos últimos anos, xa que ocupa as primeiras posicións en distintas categorías ademáis de ser lingua de uso nas aplicacións máis utilizadas na rede, pero ben é certo que non está presente no mundo empresarial nin nos medios de comunicación, razóns que axudaron á diminución do galego na mocidade.

Como falamos antes, hai numerosos ámbitos que inflúen no uso desta lingua, e un dos máis importantes é a educación. Existe unha lei de normalización lingüistica a cal di “A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.” Dito isto, o galego non tería problema en seguir tan vivo como debería se todo o profesorado con materias en galego impartira as clases nesa lingua.

Postos a falar dos profesores, un estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo aclaran que os docentes que falan e ensinan o galego impulsan moito máis aos rapaces a falar nesta lingua, pois o emprego do galego aumentou e mellorou respecto hai 20 anos, pero deberían ter mellorado moito máis.

Dito todo isto, está claro que hai moitos factores que axudan e perxudican ao uso do galego, trátase de normalizar a lingua nos medios que máis peso e influencia teñen, ao igual que na educación, pois o incremento do galego como lingua habitual fai que a extinción da nosa lingua diminúa considerablemente, e incluso deixe de ser unha ameaza.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.