Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Rianxo fala: último traballo audiovisual do grupo de 1º ESO

Se vistes os traballos anteriores, ides notar como os alumnos e alumnas de 1º ESO avanzaron na súa aprendizaxe. Fixádevos en como están tomadas as imaxes, o interese das entrevistas… Verdadeiramente un traballo excelente para ser a súa primeira achega, que saíu adiante grazas ao obradoiro e a axuda da profesional Cristina de la Torre.

Coma nos artigos anteriores, podedes ver cada un dos vídeos por separado pinchando nas imaxes que tendes abaixo, ou ben todos xuntos aquí  aquí neste ENLACE de RianxoFala.

Pedimos desculpas a todas as persoas que accederon a responder ás entrevistas porque non se anotaron os nomes e non se poden poñer nos créditos, mais agradecémoslles a súa colaboración. O que si deixamos son os nomes de todo o alumnado participante nesta serie de vídeos:

Adrián Alcalde, Mateo Alonso, Celia Arcos, Marta Domínguez, Raúl Fernández, Marta Figueira, Aarón Losada, Sabela Loureiro, Alejandro Mariño, Enma Ordóñez, Sandra Ordóñez, Mauro Riveiro, Izan Rodríguez, Daniela Rodríguez, Borja Rubio, Isabel Saborido, Fiorella Sajami e Daniel Túñez.

ri-1 ri-2 ri-3 ri-4 ri-5 ri-6 ri-7 ri-8 ri-9 ri-10 ri-11 ri-12 ri-13  ri-14ri-15ri-16




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.