Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Videoxogos

videoxogos

(Por Iria e Alba)

Videoxogos…, un tema moi soado na actualidade, verdade? Día a día, vense nenos obsesionados con pasar pantallas e pantallas ata chegar a un “final”, olvidar o xogo e coller outro. Poden os videoxogos ser un problema serio? Ou é algo inofensivo? É bo que os pais os regulen?

Os videoxogos son unha das franquicias máis produtivas na actualidade. Son un dos medios de entretemento máis populares na xuventude. Pero…, non todo é tan sinxelo. Hoxe en día, moitos rapaces esquecen os seus deberes e asuntos escolares por xogar a estes, converténdose así en adictos. É posible compaxinar un bo uso dos estudos coa educación? Moitos pais optan por prohibirlles ós seus fillos o acceso a estes, outros regúlanos e asígnanlles un tempo específico. Hai quen os consideran prexudiciais (e en certa medida poden chegar a selo) e afirman que poden fomentar a violencia nos menores. Pero, todo nos videoxogos é malo?

Se ben é certo que, efectivamente, poden converterse nunha perigosa adicción, realmente os videoxogos tamén poden ser un apoio á creatividade dos rapaces se son usados correctamente. Hai moitos tipos de xogos: moitos deles axudan á rapidez mental do usuario, á memoria, a mellorar o tempo de reacción… pois, moitos, empregan un sistema de puzzles para avanzar na trama. Tamén, falando desta última, certas franquicias mostran personaxes moi verosímiles e ben desenvolvidos que poden axudar ó xogador a empatizar inclusive na vida real. Respecto á creatividade, poden chegar a ser inspiradores se se conta cun bo plantexamento e desenvolvemento.

Agora, tamén hai videoxogos que, tal e como se informa, fomentan a violencia. Baixo escusas coma “e que todo o mundo ten este xogo” “pon que é para maiores de idade pero todos os rapaces o xogan”, moitos adolescentes e incluso nenos teñen acceso a entregas catalogadas para maiores de idade. Xogos con linguaxe soez, contido violento ou temas inapropiados que, ademais, poden xerar adicción e insomnio. Neste caso, os pais son quen deberían regular que xogan os seus fillos, buscar por eles mesmos o xogo para informarse correctamente e valorar se é ou non axeitado. Tampouco é bo prohibir completamente o uso destas máquinas: non por haber malos xogos, significa que non os haxa bos. Como xa se dixo, o mellor é que os pais busquen sobre os xogos que quere o seu fillo, pois estes poderían chegar a mentir para conseguir o que queren.

Outro factor para evitar o abuso e os problemas consecuentes, é medir o tempo de xogo. Igual que se debe controlar o tempo de ver televisión, o tempo de deberes e demais; o tempo de videoxogos non se queda atrás. O recomendable é descansar quince minutos por cada hora saíndo ó aire libre para descansar a vista. Deste xeito, o máis axeitado serían unhas dúas horas cun ou dous intervalos de paro. Isto debería compaxinarse co tempo de estudo, polo que tamén é flexible; menos dunha hora sería o mellor en épocas de exames dispersos; e suprimilos durante a semana sería ideal cando se concentran.

En conclusión, os videoxogos son un tema controvertido pero non malo por si mesmo; depende dos pais regulalos correctamente e das empresas distribuidoras asegurarse de respectar os criterios de idade. O ideal é equilibrar o tempo de xogo co tempo de estudos e poñer un horario para evitar a adicción e os problemas de vista cansada. Ademais, pais e nais son quen deberían comprobar que compra o seu fillo; non todos os videoxogos son axeitados para todas as idades. Os videoxogos poden ser bos, só fai falta controlalos correctamente.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.