Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio
Radio RianxoFala fixo un programa especial polo Día Internacional da Muller
P5-1 Con bastante retraso colgamos o Podcast do Programa 5 da nosa Radio RianxoFala. Fixeramos un programa especial para o 8 de marzo. A verdade é que nos levou moito tempo preparalo. Estivemos todo o mes de febreiro coa redacción e preparando as entrevistas, pero ao final saíu. Así que ides poder informarvos sobre:
  • Por que se celebra o 8 de marzo o Día Internacional da Muller
  • Quen foron mulleres como: Isabel Zendal, Mariluz Morales, Exeria, Irene González, Isabel Barreto, Olimpia Valencia ou Celia Rivas
E podedes escoitar as entrevistas que lles fixemos a:P5-2
  • Paula Ferreiro, pertencente ao Observatorio da muller da Mariña
  • Hadriana Ordóñez, concelleria de igualdade en Rianxo
  • Goretti Sanmartín, presidenta da Deputación da Coruña
  • Mónica Iglesias, profesora do ciclo de Atención a persoas con dependencia
  • Traballadoras rianxeiras de diferentes sectores: lonxa, marisqueo, comercio, coidadora…
  • Severino Fernández Abel
E moita música, desde Guadi Galego que nos acompañou todo o programa coa canción Matriarcas, ata a Marcha Feminina pola paz no Oriente Medio, pasando por Sés, Luz Casal ou Ana Moura.



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.