Imaxe de cabeceira
Varia
“Fíos do Querer”, espectáculo musical infantil con Cé Orquestra Pantasma en Rianxo

Cartel_fíos_Rianxo_1O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade recomendada para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos, FÍOS DO QUERER, que se vai celebrar o mércores 6 de xuño, ás 19.00 h, no Liceo marítimo rianxeiro (entrada polo paseo marítimo).

Programada dentro das actividades do proxecto Apego, está aberta a toda a veciñanza que queira pasar unha horiña de música, xogos e diversión coa rapazada máis miúda da casa.

O multiinstrumentista Cé Orquestra Pantasma achéganos o seu espectáculo FÍOS DO QUERER, que segundo el mesmo presenta “teceu coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias, para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”.

No espectáculo fará cantar e bailar á xente miúda e non tanto, e servirá para mostrar o se traballo do mesmo nome en formato Libro-Cd de Cé orquestra pantasma, vinte e catro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.

A actividade está destinada a rapazada de 0 a 5 e é de balde, pero cómpre anotarse no Servizo de Normalización Lingüística neste mesmo correo electrónico ou a través do teléfono 881988891.

Poden escoitar aquí unha mostra:




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.