Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Europa plurlingüe

Por Celia Arcos (1º ESO A)

Europa é un continente plurilingüe, é dicir, nel fálanse diversas linguas, con cadansúas características e variantes propias.

Para comezar teño que aclarar unha cousa, as fronteiras políticas non corresponden ás lingüísticas, o que quero dicir con isto é que non hai unha lingua en cada país, poñamos como exemplo o galego, este idioma non só se fala en Galicia, tamén se emprega nalgunhas partes de Asturias, León etc.  Ademais, non todos os estados teñen unha soa lingua, é máis, en toda Europa só hai un lugar monolingüe, que é Islandia. Aínda que esta característica se dera en máis países, as variantes serían moi diferentes, xa que as linguas adáptanse ao lugar no que están, por exemplo, a lingua esquimó ten moitas palabras para a neve, mais nas zonas de Exipto isto non acontece, pero aquí teñen moitos nomes para a cor da area. É por isto que en Europa hai unha gran riqueza respecto aos idiomas. Fálanse máis de duascentas linguas, as máis usadas son: o inglés, francés, español, portugués e o italiano.

A pesar desta gran variedade todas as linguas teñen algo en común, as súas raíces, todas as linguas faladas en Europa proveñen dunha nai, o indoeuropeo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.