Imaxe de cabeceira
Deportes
Micromachismos nos deportes

imaxe deportes

(Por Alba e Iria)

Micromachismos nos deportes, que son? Son pequenas diferenzas que a sociedade lles dá a cada xénero inxustamente; por exemplo, alguén sabe algo do fútbol feminino? Nos xornais apenas hai nada. Por que é? Tense a concepción de que coa muller o deporte é máis aburrido. Despois de todo, o fútbol feminino non vende precisamente por isto e non se fai nada por promocionalo ou darlle a atención que debería. Se xa o fútbol lle quita o espazo ós demais deportes…

 

Pero o problema non é só ese. Non é que exista a categoría feminina pese a non ser popular, é que directamente moitas persoas aínda viven co pensamento antiquísimo de que a muller non é apta para as actividades físicas (ou, polo menos, as que non pertencen á ximnasia rítmica). Un exemplo claro sería na cultura musulmá; hai lugares nos que unha nena non pode facer deporte porque podería perder a virxindade. Noutros, basta con considerala demasiado “débil”.

O primeiro é a crenza de que a muller é sempre máis débil físicamente que o home. Se ben hai claras diferenzas biolóxicas entre ambos sexos, non é unha excusa válida: unha persoa do sexo feminino pode igualar completamente a unha do sexo masculino. Ata hai pouco, considerábase ás mulleres tonificadas (mulleres “fitness”) coma marimachos e falábase mal delas. Agora, dise que están de moda. Será un bo paso a favor das deportistas?

O caso é que unha muller enfronta perfectamente a un home no ámbito deportivo, pois por moi forte que sexa este último, tamén necesita adestramento. Ou non? Non por considerarse máis forte, automaticamente é bo. As mulleres que xogan, por exemplo, ó xa mencionado fútbol, poden ser coma os homes que o xogan. Non por seren mulleres, son menos capaces. Esa é unha das principais excusas á falta de presenza do deporte feminino.

Despois, estará, coma sempre, ese sentimento de que á muller vaille máis a cociña que correr. O típico aspecto machista que, por incrible que parezca, aínda podes encontrar na nosa sociedade. O xénero non define á persoa, non ten absolutamente nada que ver cos seus gustos e preferencias. Por que ía influir? Xa estamos o suficiente avanzados como para esquecer os prexuízos de xénero. Non só os homes, tamén hai mulleres que caen neles. Ou nunca oíches frases coma “ás nenas non lles gusta o fútbol”, “somos mulleres, non sabemos xogar” e similares vindo dunha rapaza? Ata ese punto chegan os micromachismos no deporte.

“Es muller, non vas saber xogar”, “non nos gusta xogar coas nenas”, “non me gusta o fútbol para ti, as nenas teñen que xogar con bonecas”…, frases e frases tan comúns que a veces parecen normais e todo. Son o perfecto reflexo de que aínda non evolucionamos todo o que queremos.

Hai que ter clara unha cousa: que ten que ver ser muller con xogar a algo? Non se pode ser deportista feminina e xogar ben? De onde xurdiu isto? Reiteramos, o xénero non ten nada que ver co deporte.

Non por selo es mala xogando?, ou é que non hai rapaces que non saben xogar? Por que a un neno ó que non lle gusta o fútbol se lle tende a tildar de “afeminado”? Esa é outra, a tendencia a utilizar “nena, femenino” e similares coma despectivo. Cada quen é o que quere ser independientemente do seu xénero!, da súa relixión, da súa etnia… E iso non se pode negar.

Conclusión: non importa se es muller, podes xogar perfectamente. Se se impulsara máis a presenza do deporte feminino, axudaría a este problema a ser solucionado. Pero parece que, polo momento, aínda non o veremos tranquilamente os avances dun equipo feminino de fútbol na televisión tras ver incontables minutos de fútbol masculino.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.