Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A liberdade linguística

Carrabouxo01 (por Paula Ordóñez )

O galego vén perdendo falantes dende hai moitos anos. É a lingua propia da nosa comunidade Galicia. A partir disto xorde unha pregunta: somos libres para escoller a nosa lingua?

Para comezar nacemos nunha sociedade onde hai unha lingua como contexto. E sobre todo, e máis importante, unha sociedade movida polas masas onde só importa o que fai a maioría. É moi difícil intentar ser diferente cando todo o mundo fala castelán e soamente unha persoa fala galego.

Por outra parte xa non ten que ver coa decisión persoal de cada un. Cando un profesor de matemáticas, tecnoloxía ou física e química se ve obrigado a utilizar o castelán nas súas clases e que o seu alumnado  tamén contesten en castelán somos libres para escoller a lingua?

O decreto do 33 aplicado na educación no 2013 fala sobre unha educación na que o 33% sexa en galego , outro 33% en castelán e o outro 33% sexa en inglés. Ademais dando máis subvencións a aqueles centros con máis cantidade de materias en inglés, polo que se lle está dando máis importancia a unha lingua.

Mais é verdade que hai presenza de galego en lugares públicos como o supermercado. O Eroski conta na súa liña con produtos cuxa información está escrita en galego. Pero moita xente asocia que galego é igual a marcas brancas e castelán igual a marcas máis caras. En resumo: prexuízo, autoodio pola propia lingua. Como cando a un neno de pel negra lle dan a escoller entre dúas bonecas, unha branca e unha negra, mais escolle a branca polos prexuízos que ten integrados na súa mente desde o nacemento.

En conclusión, ninguén é libre de escoller a súa lingua. Pódese ser libre sen nin sequera poder ter algo tan simple como as redes sociais ou un ordenador co que traballar todos os días en galego?




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.