O pasado mércores 23 de ma
io, o alumnado que participa no proxecto de radio Rianxo Fala, visitou as instalacións da RTVG . O percorrido estivo guiado polo responsable o arquivo sonoro, Carlos Lozano, quen lle explicou ao alumnado asistente como funcionan os diferentes departamentos desta institución e como se realiza un programa de radio. Durante a visita, unha representación dos asistentes tiveron a ocasión de participar en directo no programa “Galicia por diante” que dirixen Kiko Novoa e Carlos Jiménez. A xornalista Belén Regueira que tamén estivo presente no programa, mostrou especial interese polo traballo desenvolvido na nosa emisora Rianxo Falae sacou unha fotografía co grupo.
Ao finalizar
a visita, as alumnas e alumnos de 1º ESO A, entregaron á dirección da RTVG, un escrito asinado polo grupo no que expuñan a súa visión sobre a situación actual do audiovisual en Galicia, a programación da TVG en lingua galega, as consecuencias que isto ten para a nosa lingua e as vantaxes que suporía normalizar estos medios de comunicación para a dignificación do noso idioma
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]