Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
Circe ou o pracer do azul. Reseña

Por Alicia Fernández Ínsua

Circe2Circe ou o pracer azul é unha novela exemplar que amosa a beleza dos mitos clásicos, indagando nesa pequena historia que nadie conta pero que existe, e que Begoña Caamaño soubo narrar con delicadeza. Impresionoume desta obra a soltura e a forza que a autora emprega en cada páxina, convertendo unha simple descrición dun paxaro ou mirada ao horizonte do mar en pura maxia. Representa o papel guerreiro da muller a pesar deses tempos, pois a raíña Penélope, ante a espera do seu home Ulises, tras catorce anos, tivo que tomar na súa man o poder e reinar Ítaca, afrontándose á vez a salvaxes e irrespetuosos que cegados pola súa ambición ansiaban o trono de Ulises, afrontando a incertidume da chegada do seu amado, afrontando o crecemento rápido do seu fillo Telémaco ante a ausencia do seu pai, e representando ao mesmo tempo a unha muller disposta a renunciar os seus desexos para cumprir co seu deber.

  Representa por un lado o amor por tradición e poder, como cando Ulises casa con Penélope por simple riqueza, así como tamén me transmitiu a decepción ante o amor, cando por exemplo na noite de vodas de Ulises e Penélope, esta raíña, a pesar de non sentir esa paixón polo seu home, afirmaba que acabaría por sentilo, pero a raíz desa noite na que Penélope foi “amada” bruscamente, esta perdeu toda esperanza ante o amor e o home. Entón, recórdame ao que pasa hoxe en día, cómo un instante da túa vida pode cambiar para sempre o teu soño e actitude. Por outro lado, plasma o amor verdadeiro, reflexado en Circe, a deusa de Eea, e en Ulises, o gran heroe de Troia, quen deixa Ítaca unha temporada ante un sentimento tan forte cara a Circe que o converte nun prisioneiro do irracional.  Igual pasa con Circe, cando -a pesar de saber que Penélope na súa noite de vodas foi violada polo propio Ulises- sentía odio pero á vez un amor sen control que non podía arrincar tan facilmente.

O destino para min é unha palabra clave nesta novela, xa que transmite por exemplo a través da despedida de Circe e Ulises, que por moito que na vida esteas desexando cambiar as cartas de sitio, estas xa están botadas desde o momento en que naciches.

  Fascinoume como Circe e Penélope se coñeceron a través dun corvo mensaxeiro, o cal ía dunha illa para outra levando postas plumas verdes falsas onde ía escrita a carta de cada muller, como se foron deleitando a través da escritura, ata o punto de quererse como irmás sen nen sequera verse en persoa. Así mesmo, transmíteme que a veces pódese entender con máis profundidade a alma dun ser humano, as súas inquedanzas, os seus desexos e medos simplemente a través das palabras.

  É unha novela esencial e necesaria para ler hoxe en día, unha novela que a través da cultura indaga na verdade do ser humano, nese sentimento tan estrano que moitas veces non somos capaces de explicar pero tampuco renunciar, indaga na muller forte e independente que non precisa dunha figura masculina para voar, indaga nese camiño da vida que xa non podemos cambiar. É unha forma de ver a actualidade a raíz do principio dos tempos a través dunha escrita que soa na mente como as ondas dun mar en silencio, un sonido que todos deberíamos escoitar, pois como dixo Xohana Torres : “Existe a maxia, e pode ser de todos”




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.