Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
A viaxe de Gagarin, reseña

A viaxe de Gagarin

Por Coral Romero

Amor, angustia, felicidade, medo, esperanza, represión… termos que definen á perfección os elementos centrais desta novela. a inocente vida dun neno vai evolucionando de dous xeitos paralelos: por unha banda, a incerteza dos estraños asuntos “ilegais” que envolven a vida dos seus pais; e por outra, o espertar sexual que a adolescencia e, o “verdadeiro” amor, lle fan experimentar.

Novela histórica que mostra aquela España de posguerra, coa súa brutal represión, o esforzo de moitos por combatela e o temor dos mesmos a seren descubertos; como se se tratase dun espello que reflectise á perfección os feitos pasados. Así mesmo vai relatando toda a historia do comezo da carreira espacial, dende o primeiro ser humano que chegou ao espazo ata aqueles que conseguiron, á fin, pisar a lúa.

 

Destaca a enorme carga emocional que acarrexa consigo o protagonista (as continuas visitas da policía afín ao réxime, a fuxida do seu pai…), un peso que só o amor é capaz de amainar, producíndolle como consecuencia un dobre malestar incentivado pola carga de conciencia que lle producen os “breves” momentos de felicidade, felicidade que á vez lle fai sentir unha enorme aflición por non poder estar coa persoa amada.

 

A novela é, en definitiva, unha brillante reflexión que o protagonista fai sobre a súa vida nun momento bastante crítico da mesma, removendo conciencias e facendo comprender que “a vida é coma unha caixa de bombóns e nunca sabes o que che vai tocar”, unha frase coa que xa Tom Hanks no seu papel de Forest Gump nos previña sobre o impredicible que poden chegar a ser os avatares da vida.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.