Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Xa chega a fase local do Club de debate 2018… en Rianxo!

O vindeiro sábado 7 de abril, o auditorio de Rianxo vai acoller a FASE LOCAL do Club de
Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, os equipos dos
IES de Pontevedra, Marín e Dodro incluídos nesta fase local.Nesta xornada da fase comarcal en Rianxo, que comeza ás 9.30 h e que se prolongará
durante todo o sábado, participan dous equipos do IES Félix Muriel, formados por 10
alumnas e alumnos cada un, e coordinados por tres profesoras do centro que se
encargan da súa preparación.
A organización e as necesidades do certame están xestionadas polo Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en colaboración cos SNL dos outros
concellos participantes.
Nesta fase local participan 8 equipos que realizarán dous debates cada un, defendendo
posturas a favor e en contra do argumento escollido para o debate nesta fase local: “A
mocidade tamén ten comportamentos machistas”. Serán valorados por un xurado externo,
proposto pola organización, formado por cinco persoas do ámbito da normalización
lingüística, a docencia e o xornalismo.
O CLUB DE DEBATE é un proxecto de dinamización lingüística entre a mocidade, que ten
como finalidade contribuír ao uso oral da lingua galega, e practicar habilidades
comunicativas e de relación interpersoal, que promove a reflexión, o respecto, o
intercambio de opinións, a tolerancia e o traballo en equipo. O debate ten un formato de
concurso que se desenvolve en fases comarcais das que saen dous equipos gañadores,
que recibirán senllos premios e que participarán na final galega do Club de Debate 2018,
que se celebrará en Ferrol o 5 de maio.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.