Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Obradoiros “Practicando a disciplina positiva”

Dentro da programación MEDRAMOS CO APEGO, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, vanse desenvolver dúas sesións do obradoiro, dirixido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes, titulado Practicando a disciplina positiva, destinado a familias con crianzas de 4 a 10 anos e a educadoras, que se celebrarán o 25 de abril e o 2 de maio.

Estes obradoiros van afondar nos principios da disciplina positiva, xa tratados na charla do mes pasado, pero dende un punto de vista máis práctico e pormenorizado. Trátase duns talleres intensivos sobre un modelo de crianza respectuosa que axuda a desenvolver habilidades sociais e de vida a longo prazo.

 A actividade é de balde pero cómpre inscribirse, pois hai prazas limitadas.

As inscricións pódense facer no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do antigo xulgado), ou a través do correo-e normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 881988891.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.